Imaxe da OSHWDEM-13Como vos anunciamos hai unhas semanas, os días 30 de novembro e 1 de decembro terá lugar Centro Cultural Ágora de A Coruña a segunda edición da Open Source Hardware Demonstration organizada por Bricolabs e a asociación Ghandalf.

O programa xa está pechado, e conta con relatorios, obradoiros, espazos de demostración e concursos.

A inscrición para os obradoiros abriuse onte mesmo. Todos eles teñen prazas limitadas para garantir a calidade e interactividade das actividades. A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Dende a organización solicitan que só se inscriban se están seguros de poder asistir ao obradoiro, e que se teña conta de non apuntarse a obradoiros co mesmo horario.

Por suposto, ademais dos obradoiros hai moitas outras actividades interesantes durante toda a fin de semana. Se queres asistir aínda estás a tempo de te inscribir como asistente.
Programa completo

SÁBADO

  • 10:00 Apertura de portas, recepción de asistentes e entrega de agasallos de benvida aos máis madrugadores.
  • 10:30 – 14:00 Relatorios, espazos e sorteos (A orde das charlas pode variar)
    • 10:00 Charla inaugural
    • Charla Robótica
    • Charla Conector Wentook e portos GPIO
    • Charla de SpainLabs
    • Charla de impresión3D
    • Charla de Extrusora de plástico
    • Charla sobre Crowdfunding
    • Charla Bricogeek
  • 16:00 – 20:00 Concursos, obradoiros e espazos

DOMINGO

  • 10:00 Apertura de portas e recepción de asistentes.
  • 10:30 – 14:00 Relatorios, espazos e sorteos (A orde das charlas pode variar)
    • Charla Octocóptero e demostración
    • Charla Escáner 3D e graffiti láser
    • Charla Estación de sensores
    • Charla módulos de comunicación e cuadricóptero
    • Charla interfaces por control mental e xestos
    • Charla E-drum low cost
    • Charla Raspberry pi monitorizando gaiola de animais
    • Charla semáforo de ruído
  • 16:00 – 20:00 Concursos, obradoiros e espazos.
  • 20:00 Despedida e peche.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Ghandlalf desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This