De sobra é coñecido Kickstarter, sitio web de micromecenato para proxectos creativos e innovadores. Nesta ocasión facémonos eco do proxecto MAKERPhone, gracias ao cal poderemos ser quen de ensamblar o noso propio teléfono móbil.

O proxecto leva acadados xa máis de 300.000 dólares, dos 15.000 que inicialmente se precisaban. Por 99 dólares calquera pode facer unha reserva de xeito que se nos achegue unha caixa con todo o material necesario para o ensamblado, como a pantalla, placa nai, carcasa, altofalante, etc. Nin que decir ten que teremos a oportunidade de facer as nosas propias aplicacións empregando Arduino, Python ou Scratch.

Pin It on Pinterest

Share This