Sexta edición da Maker Faire Galicia, do 18 ao 22 de novembro, esta vez en formato 100% online. Contará con dúas xornadas dedicadas ao ámbito profesional, dúas xornadas abertas a todo o público e unha nova xornada exclusiva sobre educación.

Maker Faire Galicia

-Os días 18 e 19 de novembro falarán sobre o papel da industria en diferentes sectores: aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde e economía circular.
-O día 20 de novembro celebrarase a xornada exclusiva de educación, na que se falará sobre a tecnoloxía, a innovación educativa e a inclusión.
-Por último nas xornadas abertas, os días 21 e 22 de novembro, haberá contido moi diverso relacionado coa robótica, ciencia, do it yourself, arte, música ou gaming, entre outros.

Actividades

Talleres de realidade aumentada, robótica, computación cuántica ou e actividades como mentorías para startups ou a primeira Game Maker Jam son algunhas das accións propostas para esta semana maker.

Tedes toda a información sobre as actividades nesta ligazón.

Escornathon: deseña, imprime e programa a Escornabot

Competición que organizan desde a Aula Nova en CAFI Galicia (Centro Autonómico de Formación e Innovación).

Nesta competición, a que dan en chamar Escornathon, os Escornabots someteranse a un reto conxunto argallado entre os participantes da Maker Faire Galicia: o alumnado, os docentes e a comunidade maker para formar un kit de programación viaxeiro.

Participar no Escornathon hai que seguir estes pasos:
1.Copia a peza básica da programación analóxica do Escornabot.
2.Modifica a peza creando unha “nova programación” do Escornabot.
3.Publica a túa peza modificada en Tinkercad.
4.Imprime a peza en calquera cor.
5.Enche este formulario de participación.
6.Fai un envio postal nun sobre a AulaNova (CAFI Galicia) Rúa Lamas de Abade s/n 157002 Santiago de Compostela, non esquezas engadir detrás da peza o teu nome, a categoría na que participas (alumno/a, profesor/a ou maker) e un teléfono de contacto. Podes participar con varias pezas. Todas as pezas deben ser remitidas antes do 20/11/2020.

A información completa do reto podes atopala aquí.

Inscrición

Á maior parte dos talleres poderase acceder directamente ao rexistrarse na nova plataforma da Maker Faire Galicia e non necesitarán inscrición previa. Algúns talleres aínda teñen os horarios por definir, nas próximas semanas poderase consultar toda a información sobre os mesmos na plataforma oficial da Maker Faire Galicia.

A sexta edición da Maker Faire Galicia celébrase unha vez máis no Museo Gaiás, aínda que este ano de forma virtual, e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e APD.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This