A xente de Amigus Labs invítanos, este sábado 25 de xaneiro, a coñecer os seus proxectos e aprender a montar unha impresora 3D de gran formato coa axuda de Álvaro Rey de MakerGal.

Na xornada do sábado poderemos participar na montaxe da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, como se monta e de que partes se compón cada unha das súas pezas.


Ademais se queres coñecer como funciona o Fab Lab, que actividades realizan ou como asociarte para poder empregalo, terán unha xornada de portas abertas onde informarán á xente que se pase por alí.

O horario da xornada será de 10:00 a 14:00 na Praza do Hospital nº 14 (As Pontes).

No fablab pontés tes todo que precisas: impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura… e máis argalleiros para axudarche no que precises.

Inscrición

Para asistir só é necesario reservar a túa praza escribindo a amigus@amiguslabs.org.

Máis información na web de Amigus Labs

Pin It on Pinterest

Share This