A Amtega convoca máis de 400 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa.

Os exames presenciais celebraranse os días 05, 06 e 07 de maio nas aulas CeMIT de 36 concellos de toda Galicia.

Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada.

Inscrición

A inscrición a estas probas remata o sábado 03 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

Aulas CeMIT onde se realizarán as probas:
Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo; O Barco e Celanova na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
– Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.

Os materiais formativos que compoñen estes cursos poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT:
http://cemit.xunta.gal/ema

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This