Na actualidade, a asociación Amigus ten funcionando a primeira porta de enlace LoRa (gateway) que da covertura a todo o núcleo urbán de As Pontes, e en estudo posibles novas localizacións para dar cobertura a todo o concello.

Desde Amigus poñén ao dispor de todo aquel interesado en coñecer este tipo de redes así como axudar nos proxectos que sexan necesarios.

O obxetivo de Amigus, é ter dispoñible unha tecnoloxía para que a xente poida experimentar, aprender e desenvolver proxectos con ela, e así crear un tecido tecnolóxico no seu concello e na súa comarca. Este proxecto esta patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega, en colaboración con IcoEume e o Concello das Pontes.

LoRaWAN

LoRaWAN é unha tecnoloxía de comunicación inalámbrica de baixo consumo, bidireccional e para transmisión dun baixo volume de datos e grandes distancias.

A diferenza doutras tecnoloxías de comunicación inalámbrica, permite o despregamento nunha área extensa dun gran conxunto de dispositivos alimentados por baterías dunha maneira sinxela e viable economicamente. Este tipo de comunicación é chamada LPWAN ( Low Power Wide Area Network).

Usos desta tecnoloxía

Estas características convértena nun gran habilitador de iniciativas para Internet das Cousas ou Internet of Things ( IoT) para calquera tipo de contorna, industrial, facility management, agricultura, Smart Cities, loxística…

Largo alcance e cobertura
Cun alcance de ata 15 km, non se pode comparar co de ningún outro protocolo de comunicación.

Seguridade
Codificación de 128 bits de extremo a extremo. A información viaxa encriptada e non haberá risco de roubo de datos.

Alta capacidade
Miles de dispositivos finais pódense conectar a unha única porta de ligazón LoRa.

Hardware de baixo custo
As infraestruturas para LoRaWAN teñen un custo extremadamente baixo en comparación con outras redes e o custo das radios para dispositivos finais é igualmente baixo.

Baixa potencia
LoRa ofrece ratios de moi baixa potencia, o que as fai ideais para dispositivos que requiren unha duración de 10 anos ou máis cunha soa carga de batería.

Rede LoRaWAN nas Pontes

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This