LliureX 19, nova versión da distribución educativa da Comunitat Valenciana, chega con cambio de contorna de escritorio pasando a adoptar KDE Plasma.
LliureX está enfocada en dotar aos centros educativos da rexión Valenciana unha alternativa baseada en software libre, e que conta ademais dun excelente soporte do idioma valenciano.
Novidades desta versión: máis opcións de configuración para administradores e usuarios, máis ferramentas de axuda, novo asistente para xestionar facilmente os repositorios do sistema e unha nova selección de aplicacións por defecto, Ubuntu 18.04 LTS, KDE Plasma 5.16.1 e KDE Applications 19.04.2.