Lliurex 19.07 chega con moitas actualizacións

Luns, 10 Agosto 2020

Lliurex 19 foi actualizado con moitas e moi interesantes novidades.

Lliurex

Distribución GNU/Linux da Comunidade Valenciana.

Características principais:
– LliureX dispón dunha ampla selección de recursos educativos preparados para o seu uso na aula que poden ser instalados desde o Zero Center de maneira sinxela.
– Conta con aplicacións que apoian a accesibilidade ao sistema de usuarios con discapacidades (algunhas destas aplicacións tamén poden ser usadas polos máis pequenos).
– Con ela podemos crear, reproducir e editar arquivos multimedia.
– Conta coa última versión de LibreOffice xunto con Salt.
– Incorpora as últimas versións de Firefox, Thunderbird e, opcionalmente, outros navegadores como Google Chromium e Opera. Así como de programas de mensaxería instantánea, xestor de descargas …
– LliureX é seguro, debido a que se basea en GNU/Linux.
– Dispón dunha ampla selección de aplicacións dispoñibles para instalar no Centro de Software.
– Conta con aplicacións para realizar o control da aula (Epoptes), así como dos usuarios da rede (LLUM), proporcionando aos docentes unha gran flexibilidade.
– Con LliureX podes crear imaxes de diferentes adaptacións de LliureX para, posteriormente, instalalas por rede, de modo que non sexa necesario desprazarse ata cada un dos clientes.

Recentemente cambiou de contorna de escritorio a KDE Plasma.

KDE España Podcast onde se comenta o cambio á nova contorna cos desenvolvedores de Lliurex

Novidades de LliureX 19.07

– Servizo de videoconferencias dentro do centro con Jitsi
– Novo instalador de LliureX para Windows
– Nova versión de LliureX para FP
– Revisión e mellora de PRINTA, a aplicación para xestionar as impresións
– Nova páxina de inicio
– Cloudbook, un xerador de contidos dixitais abertos
– Actualizouse Firefox e LibreOffice

Vídeo onde se amosan as novas características

Máis información:
en KDE blog
na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal