Logo de LPIEn resposta á petición recibida por parte de usuarios do portal mancomun, a semana pasada creouse unha nova lista de correo, lpic-gal co obxectivo de servir de canle de comunicación entre as persoas certificadas ou interesadas en certificarse en administración de sistemas GNU/Linux ofertadas polo LPI

Segundo nos informou Rafael Rodríguez, presidente de Melisa, a idea xurdía entre os asistentes ao último dos cursos de preparación para a certificación LPIC impartido no CNTG, co obxectivo de servir de punto de encontro entre a comunidade galega interesada nestas certificacións.

Así esta lista permitirá que os asistentes aos diferentes cursos de preparación da certificación LPIC poidan compartir experiencias na certificación, dúbidas sobre os exames, enviar consultas, ofertas de traballo, etc. En resumo disporán dunha canle onde poder estar en contacto e tratar calquera tema de interese en torno á formación en administración de sistemas GNU/Linux en xeral e concretamente en torno á certificación LPIC. A lista vai ser administrada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA).
LPI é unha organización sen ánimo de lucro adicada á certificación de profesionais de GNU/Linux. As certificacións LPIC foron creadas para acreditar a capacitación dos profesionais TI no uso dun sistema operativo baseado en Linux, así como nas ferramentas asociados a este sistema. Actualmente existen tres niveis de certificación, e unha especialización:

  • LPIC-1, ou Profesional Junion en Linux.
  • LPIC-2, ou Profesional Avanzado en Linux.
  • LPIC-3, ou Profesional Senior e especialista en Linux.

Máis información sobre as certificacións LPIC, na súa wiki.

O CNTG é centro público asociado LPI e conta entre a súa oferta formativa con cursos de formación dos 3 niveis, LPIC1, LPIC2 e LPIC3 estando aberto para inscrición actualmente o curso “Seguridade en sistemas operativos Linux, LPIC-3” ata o vindeiro día 10 de marzo.

Ademais TEGNIX a través de Aula Tegnix, centro oficial asociado LPI, ofrece tamén formación a distancia para o LPIC1.

Pin It on Pinterest

Share This