Dispoñible Linux Mint 20 ‘Ulyana’, (baseada en Ubuntu 20.04 LTS, con cinco anos de soporte).

Como novidades destacadas temos o abandono das compilacións para sistemas de 32 bits e debido á controversia arredor do uso de Snap en Ubuntu 20.04, Snap e Snapd non están incluídos en Linux Mint 20.

Linux Mint 20

Esta versión chega co kernel Linux 5.4 e Mesa 20, e as contornas de escritorio Cinnamon 4.6, MATE 1.24 e Xfce 4.14.

Cinnamon chega con melloras no rendemento do xestor de arquivos Nemo, nova opción nas preferencias do escritorio para fixar a taxa de refresco da pantalla e escalado fraccional para pantallas HiDPI, entre outras.
Linux Mint 20 conta tamén con melloras no soporte de NVIDIA Optimus mediante a miniaplicación de NVIDIA Prime.

Máis información no blogue de Linux Mint

Pin It on Pinterest

Share This