Linux App Summit 2020, con KDE e Gnome, será en liña

Mércores, 4 Novembro 2020

Linux App Summit 2020, coas comunidades de Gnome e KDE, será un evento en liña entre o 12 e o 14 de novembro.

Linux App Summit é un evento que entre outros temas, reúne durante unha fin de semana aos desenvolvedores de KDE e Gnome para que compartan ideas, código e coñecemento.

Linux App Summit

O Linux App Summit é un punto de encontro entre desenvolvedores de aplicacións, deseñadores, xerentes de produto, especialistas en experiencia de usuario, líderes da comunidade, académicos e calquera que estea interesado no estado do deseño e desenvolvemento de aplicacións GNU/Linux.

No evento tocaranse diferentes temas como a creación, empaquetado e distribución de aplicacións, a monetización dentro do ecosistema de GNU/Linux, o deseño de bonitas aplicacións e moito máis, todo iso impartido polos mellores expertos en cada campo.

Programa

Podedes acceder a todo o programa nesta ligazón.

Inscrición

A inscrición pódese facer a través desta ligazón.

Máis información na web oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal