Linux 5.14 chega con varias melloras no soporte de hardware pero unha das máis importantes é a incorporación de core scheduling que permite ter sistemas seguros sen deshabilitar Hyper-Threading en procesadores Intel.

Hyper-Threading é a tecnoloxía para o procesamento multifío, permitindo a execución de procesos en paralelo dentro dun único procesador.

Outras novidades: soporte para Intel Alder Lake, para GPU de AMD Yellow Carp e Beige Goby, melloras no controlador AMDGPU, soporte para a configuración da BIOS dos ThinkPad, soporte para Raspberry Pi 400, mellora do soporte de USB4, mellor latencia no controlador de son USB, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This