Linux 5.10, dous anos de soporte se non consigue apoio empresarial

Mércores, 10 Febreiro 2021
Linux 5.10, dous anos de soporte se non consigue apoio empresarial

Linux 5.10 LTS vai ser mantido só ata 2022 se non aparecen empresas dispostas a mantelo.

Greg Kroah-Hartman, mantedor destacado de Linux, comentou na lista de correo do kernel:
“Quero ver ás empresas ‘usando’ o kernel, e o máis importante, ‘actualizando’ os seus dispositivos con el, para saber se vale a pena mantelo por máis de 2 anos. Tamén, con sorte, quero ver como esas empresas axudaranme nas probas e o mantemento desa versión do kernel para que sexa posible soportalo durante 6 anos.”

“Entón, planeas usar Linux 5.10? Estarás disposto a axudar nas probas das versións release candidate que fago para informarme de se hai algún problema e para axudarme a sinalar e apoiar calquera parche específico que as súas plataformas necesiten para esa versión do kernel? Cando recibo este tipo de promesas e apoio das empresas, compráceme aumentar a duración do soporte do kernel de 2 a 6 anos, e márcoo no sitio web…”

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal