O sábado 23 de novembro terá lugar o LibreTeo 2019 no Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo), organizado pola Asociación Aberteo.

LibreTeo

Software libre. Cultura libre. Coñecemento libre.

Un evento centrado na liberdade das persoas e o tremendo potencial que ten a xente cando colabora en proxectos libres. Con propostas e referencias nos sectores do software, a cultura e o coñecemento. Todas as charlas e obradoiros están dirixidos a todos os públicos, cunha linguaxe sinxela e sen tecnicismos.

Vídeos dalgunhas charlas e obradoiros realizados nas edicións anteriores.

Programa

Durante todo o día terán lugar charlas e obradoiros (tanto para nenos coma para adultos):

10:00 – A ver Aberteo. Presentación da Asociación Aberteo.
10:15 – Economía de troco
10:30 – O banco de electrónica de Teo
10:45 – Dándolle voltas ao Hacktivismo
11:00 – Obradoiro de clown para nenos/as
12:00 – Achegamento a OpenStreetMap. Ferramentas libres para a creación de mapas.
13:00 – Obradoir de clown para maiores


16:00 – Mensaxería segura. “Whatsapp vs Telegram”
16:15 – Facendo sitios web con Trece
16:30 – Reciclando coma nunca viches
16:45 – Tirando partido da Raspberry Pi
17:00 – Obradoiro de radio para nenos/as
18:00 – Evolución dos medios e monstro internet
19:00 – Obradoiro de radio para maiores

Inscrición

As actividades son gratuítas pero é necesario apuntarse nalgunha delas porque teñen número limitado de asistentes. Podedes facelo a través desta web.

Organiza

Asociación Aberteo
Son un grupo de veciños e veciñas de Teo que se coñeceron no evento LibreTeo, durante os anos 2016 e 2017.
Naceu como asociación a mediados de 2017, buscando organizar actividades relacionadas coa promoción, a formación e a divulgación da tecnoloxía libre, da cultura libre, do coñecemento libre, da comunicación libre e dos recursos libres.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This