A Aula CeMIT do Concello de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

Desde o día 1 ata o 5 de marzo, de 17.30 a 19.00, terá lugar un curso de nivel medio sobre o procesador de textos Writer, onde os alumnos aprenderán a manexar campos automáticos, cabeceiras e rodapés, formatos de páxina, FontWork, sinaturas dixitais…

Writer

Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.

Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Como anotarse e asistir virtualmente

Para poder inscribirse precísase dun ordenador co software necesario, conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Este curso mestura sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse na actividade será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This