LibreOffice Calc II na aula CeMIT de Ames

Martes, 9 Marzo 2021
LibreOffice Calc II na aula CeMIT de Ames

Do 15 ao 18 de marzo, de 17.00 a 19.00 horas, terá lugar o curso online avanzado de ofimática desde a aula CeMIT de Ames “Follas de cálculo con LibreOffice Calc II – Dende a casa”, onde afondarase no uso das follas de cálculo: función condicional SE, funcións aniñadas, creación de gráficas, impresión das follas de cálculo, conxelación de filas e columnas, ordenar e filtrar…

O curso conta con sesións explicativas a través de YouTube (luns, martes e xoves) e titorías voluntarias en Jitsi Meet (mércores e venres).

Calc

Calc é unha folla de cálculo potente e versátil. A quen a usa por primeira vez resúltalles intuitiva e fácil de aprender. Conta cunha ampla gama de funcións avanzadas.

Calc pode gardar as follas de cálculo no seu propio formato nativo, OpenDocument (.ods), ou tamén pode abrir e gardar follas de cálculo de Microsoft Excel. Tamén permite exportar ao formato de Documento Portable (.pdf), que se pode ler nunha ampla gama de dispositivos e plataformas.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Como anotarse e asistir virtualmente

Para poder inscribirse precísase dun ordenador co software necesario, conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Este curso mestura sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse na actividade será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal