LibreOffice 7.4, novo soporte para WebP

Luns, 29 Agosto 2022

The Document Foundation anunciou o lanzamento de LibreOffice 7.4, que conta agora con soporte para imaxes WebP, mellora o soporte para arquivos de Microsoft Office e mellora o rendemento.

img

Novidades de LibreOffice 7.4

Soporte para imaxes WebP e arquivos EMZ/WMZ.
Páxinas de axuda para ScriptForge.
Campo de procura no xestor de extensións.
Melloras de rendemento e compatibilidade.

banner

Writer

Melloras no pé de páxina.
As listas editadas mostran números orixinais no seguimento de cambios.
Novos axustes na separación silábica.

Calc

Soporte para 16384 columnas.
Funcións extras no widget AutoSum.
Novo menú para buscar nomes de follas.

Impress

Soporta agora temas de documentos.

Vídeo coas novas características

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal