Martes, 31 Agosto 2021

LibreOffice 7.2 Community conta co seu propio HUD

Enlace externo

LibreOffice 7.2 Community, última versión da suite ofimática libre por excelencia.

LibreOffice Community

captura

LibreOffice Community é a edición libre e gratuíta da suite ofimática dirixida a usuarios normais (non confundir coa LibreOffice Enterprise).

Novidades da versión 7.2

logo

– Melloras no manexo dos ficheiros
– Melloras na interoperabilidade cos formatos de documentos de Microsoft
Os responsables de LibreOffice comentaron que:
“os ficheiros de Microsoft aínda se basean no formato privativo desaprobado pola ISO en abril de 2008, e non no estándar aprobado por ISO, polo que incorporan unha gran cantidade de complexidade artificial oculta. Isto causa problemas de manexo con LibreOffice, que usa por defecto un verdadeiro formato estándar aberto (o formato OpenDocument/ODF)”.
– Melloras na velocidade de debuxo ao usar o backend Skia
– Incorpórase unha lista emerxente para buscar as opcións do menú (HUD) e un selector de estilo desplazable en NotebookBar.
– En Calc temos a posibilidade de filtrar unha cor a través do autofiltro.
– En Impress e Draw, incorporaron soporte para múltiples columnas dispoñible nos cadros de texto e acceso directo ao factor de escala a través da barra de estado.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal