LibreOffice 7.2.5 é unha actualización que corrixe moitos erros no seu software (arredor de 90), pero non se recomenda para equipos de produción de momento.

LibreOffice 7.2.5

Algunhas das melloras:
– Os índices alfabéticos, as táboas de contido e os índices definidos polo usuario xerarán agora hipervínculos clicables ás marcas de entrada do índice do documento. Todos os recheos de fondo poden configurarse para que cubran a páxina dentro das marxes ou toda a páxina. Melloras na bibliografía.

Cando se exporta un documento de Writer a PDF, as ligazóns entre áncoras e notas ao pé de páxina ou notas finais (aínda que non estean na mesma páxina) están agora dispoñibles en ambas as direccións.

Corrixíronse problemas ao pegar celas filtradas e ao pegar con transposición. As táboas HTML listadas no diálogo de Datos Externos (Folla ▸ Enlace a Datos Externos…) mostran agora a lenda da táboa para axudar a identificala. Redeseñouse o diálogo Pegar especial (Edición ▸ Pegar especial ▸ Pegar especial…) e engadiuse o novo preaxuste “Só formatos”. Melloras no autofiltro, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×