The Document Foundation anunciou o lanzamento de LibreOffice 7.1 Community, última versión da suite ofimática de software libre.
LibreOffice 7.1 Community chega cun novo diálogo para seleccionar o tipo de interface, unha procura mellorada do tamaño do papel, mostra todos os ficheiros compatibles cando se engade unha extensión, ademais da actualización asíncrona da vista previa de impresión.

Writer
– Novo inspector de estilo para mostrar os atributos dos estilos do parágrafo, o carácter e as propiedades formatadas manualmente.
– Posibilidade de configurar a áncora predeterminada para as imaxes incrustadas nun documento.
– Capacidade de detectar Unicode.
– Un mellor rendemento das operacións de buscar e substituír.
Calc
– Novas opcións para xestionar as operacións de pegado e para seleccionar elementos na xanela de Autofiltro.
– Mellora do rendemento do Autrofiltro e das operacións de buscar e substituír.
Draw
– Posibilidade de engadir firmas visibles a arquivos PDF existentes.
Impress
– Capacidade de cambiar as animacións para varios obxectos á vez.
– Cambios nos botóns de pausar, renovar e saír na pantalla do presentador de Impress.
Macros
– Conseguiron coas bibliotecas de ScriptForge “unha colección extensible e robusta de recursos de scripting de macros para que LibreOffice sexa invocado desde os scripts de usuario escritos en Basic ou Python.”
LibreOffice 7.1 Community mellora o soporte con docx: en Writer mellora o soporte do manexo das táboas, a xestión dos resultados dos campos almacenados en caché e engade soporte de espazado debaixo do último parágrafo do encabezado nos ficheiros doc/docx.

The Document Foundation estivo traballando na implementación dunha versión LTS da familia LibreOffice Enterprise, buscando un modelo de negocio máis equilibrado.
Co fin de ofrecer un mellor soporte a empresas e organizacións creouse LibreOffice Enterprise, que comparte coa edición Community o uso da plataforma tecnolóxica de LibreOffice.
