Despois da polémica arredor do lanzamento de LibreOffice 7.0 coa denominación “Persoal Edition”, e despois de retrasar este lanzamento, finalmente The Document Foundation decidiu non incluír esta etiqueta “Personal Edition” en ningún dos seus produtos.

De momento deixarán exactamente igual a versión soportada pola comunidade e engadirán a etiqueta “Enterprise Edition” na versión de pago. De engadirse unha etiqueta no futuro para a versión normal, sería a de “Community Edition”.

Aproveitando que se celebran os 10 anos de LibreOffice, The Document Foundation decidira lanzar un plan de márketing, no que haberá servizos e soportes especiais baixo subscrición (pensado para os usuarios da Enterprise Edition).

The Document Foundation asegurou nun comunicado:
“Ningún dos cambios que se avalían afectará á licenza, á dispoñibilidade, ós usos permitidos e ou á funcionalidade. LibreOffice sempre será software libre e nada cambiará para os usuarios finais, desenvolvedores e membros da comunidade”

Tamén comentaron que nun primer momento quíxose usar a etiqueta “Persoal Edition” para a edición corrente de LibreOffice porque están traballando nunha “Enterprise Edition” para centralizar o ecosistema de socios comerciais e os produtos e servizos que estes ofrecen. Impulsando desta forma a adopción empresarial de LibreOffice e rentabilizándoo, expoñen, para garantir a sustentabilidade do proxecto.

Máis información no blogue de The Document Foundation

Pin It on Pinterest

Share This