A Document Foundation anunciou LibreOffice 6.3.

Novidades: melloras de rendemento en Writer e Calc (en arquivos de texto con diferentes marcadores, con táboas e fontes incrustadas, en grandes follas de cálculo ODS/XLSX, en arquivos Calc con carga de VLOOKUP. Mellora tamén o gardado de follas de cálculo Calc como arquivos XLS).

Versión compacta de NotebookBar dispoñible para Writer, Calc, Impress e Draw.

Mellora a compatibilidade co formato PDF/A-2. Deseño de formularios PDF simplificado coa adición do menú Formulario en Writer.

Pode eliminarse ou ocultarse información confidencial antes de exportar ou compartir o arquivo.

A compatibilidade cos formatos de Microsoft Office mellorouse en varias áreas.

Vídeo que resume as principais novidades.

Pin It on Pinterest

Share This