A distribución de GNU/Linux especialmente deseñada para Media Centers, LibreELEC, ven de publicar a súa versión número 10. Esta distribución é popular por ser empregada en dispositivos similares á Raspberry Pi e unha das características é que está configurada para usar a aplicación Kodi, anteriormente coñecida como Xbox Media Center e que actúa como interface para a xestión e visualización de contidos multimedia.

Algunhas das novidades de LibreELEC 10 é que pasará a empregar a versión 5.10 do núcleo de Linux e a versión de Kodi que instala é a 19.1 coñecida como Matrix.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This