LIBRECON, edición 2020

Martes, 3 Novembro 2020

LIBRECON, evento internacional de referencia do sur de Europa do sector das tecnoloxías abertas aplicadas a sectores estratéxicos da economía, terá lugar en Bilbao o 11 de novembro de 2020 en formato en liña.

Está organizado por ESLE, asociación de empresas de tecnoloxías libres e coñecemento aberto de Euskadi, e Asolif, federación nacional de empresas de software libres e ten carácter bianual.

LIBRECON

En LIBRECON mostraranse solucións de software libre para tele traballo, tele educación, comercio electrónico e transformación dixital na administración pública entre outros ámbitos que experimentaron un gran cambio nos últimos meses e que necesitan de solucións.

O evento busca ser o punto de encontro e referencia para coñecer as últimas tendencias en tecnoloxías abertas aplicadas aos seus ámbitos de traballo e para intercambiar coñecementos que fomenten o desenvolvemento de negocios.

Programa

Podedes acceder a todo o programa a través desta ligazón.

Inscrición

Prazo de inscrición do 15 de outubro ao 9 de novembro de 2020, nesta ligazón.

Máis información na web oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal