LibOCon Almería 2019, organizada por The Document Foundation, terá lugar entre o 10 e o 13 de setembro de 2019.

Sobre a LibOCon

A LibOCon é unha conferencia centrada na suite ofimática LibreOffice, e en proxectos relacionados coa liberación de documentos.

As charlas céntranse nestes temas:
– Desenvolvemento de LibreOffice, APIs, Extensións, Tecnoloxía do Futuro.
– Garantía de calidade.
– Proxectos de localización, documentación e lingua materna.
– Facilidade de uso, deseño e accesibilidade.
– Formato de documento aberto, liberación de documentos e interoperabilidade.
– Avogar, Promover, Marketing sobre LibreOffice.

Duración e tipos de charlas:
Presentacións, estudos de caso, talleres e charlas técnicas centrados nun tema e dunha duración de 30 minutos (incluíndo preguntas e respostas).
Charlas rápidas que cubren un tema específico e teñen unha duración de 5 minutos (incluíndo preguntas e respostas).

As sesións transmitiranse en directo e gravaranse para a súa descarga.

Programa de actividades


O 10 de setembro pola tarde haberá reunións comunitarias, particularmente interesantes para os contribuíntes activos e os recentemente chegados.

O programa completo podedes consultalo nesta web.

Rexistro

Desde a organización, piden que a xente se rexistre previamente canto antes para poder planificar o evento o mellor posible. As inscricións despois de finais de agosto non terán dereito a camiseta e xantares gratuítos da conferencia.

Podedes facelo rexistro a través deste formulario.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This