Mojang, os creadores de Minecraft e que hoxe en día son parte de Microsoft Studios, liberaron este pasado verán parte do código do popular xogo de construción en mundo aberto.

Son en concreto dúas librerías, Brigadier, motor de comando de Minecraft e DataFixerUpper, librería para converter calquera ao formato de datos que emprega o xogo hoxe en día. A intención é que máis librerías sigan o mesmo camiño do que estas dúas.

Ámbalas dúas atópanse liberadas ao abeiro da licenza MIT e dispoñibles en GitHub.

Pin It on Pinterest

Share This