A distribución de GNU/Linux Fedora ven de liberar a súa versión número 33.
Fedora é a distribución comunitaria da familia de Red Hat, estando esta apoiada economicamente pola propia empresa Red Hat ao igual de CentOS, pero á diferencia desta última a súa filosofía é a de estar máis á última no que se refire ás versión das distintas aplicacións que a compoñen.
Entre as novidades de Fedora 33 atópanse o entorno de escritorio GNOME 3.38, o uso do sistema de ficheiros Btrfs por defecto, a versión 5.8 do núcleo de Linux, a versión 3.9 de Python, o uso do editor de textos Nano por defecto e moitas outras máis.

Máis información sobre a nova versión.

Pin It on Pinterest

Share This