Logo de mandrivaAcaba de ser liberada a primeira versión alfa da distribución Mandriva do ano 2007, coñecida polo nome clave “Frige ”. Esta versión distribúese en forma dun CD combinado live/install, o que permite testar a nova distribución sen ter que instalar nada no noso sistema. As betas posteriores liberaranse en forma de CD live (Mandriva One) ou na clásica versión de tres CDs co instalador completo.

Entre as novas características que inclúe a distribución están: KDE 3.5.3 , [[GNOME]] 2.15 e X.org 7.1 con soporte experimental para aceleración gráfica vía AIGLX.

Están dispoñibles catro edicións diferentes de Frige, con entornos GNOME e KDE, ambos para arquitecturas i586 e x86-64. as imaxes iso poden descargarse da maioría de mirrors de Mandriva, no directorio devel/iso/2007.0 (por exemplo, ftp://ftp.rediris.es/pub/linux/distributions/mandrakelinux/devel/iso/2007.0/).

Mandriva é unha das distribucións máis doadas de instalar e utilizar, polo que é altamente recomendable para usuarios individuais sen coñecementos específico de TI que necesitan unha distribución sinxela para utilizar, ou tamén usuarios experimentados que prefiran non gastar horas instalando e configurando o seu equipo Linux.

Pin It on Pinterest

Share This