Novo modelo da empresa System76, Lemur Pro, portátil que se vende cun sistema GNU/Linux instalado e conta con máis de 10 horas de autonomía.

System76 afirma que o usuario con este equipo poderá:
“Ver todo o Señor dos Aneis en 10 horas, ler artigos da Wikipedia durante 16 horas ou escribir código en VIM durante 21 horas seguidas sen enchufalo.”

As dimensións do Lemur Pro son de 32,1 x 21.6 x 1,55 centímetros e o seu peso de 0,99 quilogramos.

Tres opcións en canto ao sistema operativo: Pop!_VOS 19.10, Pop!_VOS 18.04 LTS e Ubuntu 18.04 LTS. Firmware baseado en Coreboot.

O prezo base empeza nos 1.099 dólares, co procesador Intel Core i5-10210.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This