System76, presentou un teclado de código aberto (completamente aberto, desde o deseño ata o firmware).

Chamado Launch, pódese ver toda a información sobre el no seu repositorio de GitHub. A licenza varía segundo o compoñente en concreto: CC BY-SA-4.0 para o chasis, GPLv3 para a PCB, GPLv2 para o firmware e GPLv3 para o configurador de teclado de System76, aplicación multiplataforma para GNU/Linux, Windows e macOS.

Pode conectarse mediante cables USB Type-C a USB Type-C e de USB Type-C a USB Type-A. Conta con dous portos USB Type-C e dous portos USB Type-A e soporte de USB 3.2 Gen 2. Launch conta ademais con soporte de luz RGB controlado por firmware.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This