Un dos acordos importantes do Forum Internacional de Software Libre de Porto Alegre foi a creación dun consorcio de cooperación internacional, Latinux, por parte de 6 empresas de Brasil, Porto Rico e Estados Unidos, para atender a América Latina en solucións de Software Libre. Este acordo dá continuidade ás negociacións iniciadas no Linux World Expo 2006, en Boston, EUA, e en Lacfree 2005, en Recife, Brasil.

Seis PEMES de solucións TIC baseadas en Software Libre de Brasil (Propus e Solis), Venezuela (Corvus Latinoamérica e Iseit), Porto Rico (Rede Boricua) e os EEUU (Alacos) anunciaron a creación deste consorcio que se empezou a fraguar no Linux World Expo de Boston.

“O Consorcio prevé a creación dunha entidade independente que impulse o desenvolvemento de solucións baseadas en Software Libre”, dixo o director da firma brasileira Propus, Carlos Eurico Pittas do Canto.

As empresas firmantes “compartirán coñecementos e experiencias para promover o Software Libre, ademais de dar soporte comercial e técnico ás ferramentas desenvolvidas por cada unha delas”.

Pin It on Pinterest

Share This