Latinoware 2006: III Cumbre Iberoamericana de Software Libre

Os próximos 16 e 17 de novembro de 2006 celebrarase en Foz do Iguaçu, en Brasil, o LatinoWare 2006, que conta co apoio do Goberno do Estado de Paraná, membro da Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre.

 
Durante o evento aproveitaranse as infraestruturas para realizar o “I Encontro Latinomericano da Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre”. Discutiranse propostas de plan de traballo para a Rede e o compromiso colectivo de fortalecemento da mesma por parte das administracións que a conforman. Ademais diso, na programación do evento LatinoWare amosarase o traballo de cada administración que forma parte da Rede de Cooperación.
 
Máis información: LatinoWare 2006
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal