A edición 49 de Firefox ten especial interese por ser a primeira versión do navegador en incorporar soporte DRM a través de Google Winevine para Linux. Esta posibilidade xa era un feito para MacOS e Windows sen necesidade de extensións externas con plugins NPAPI. Esta decisión non veu exenta de polémica, polos defensores dos estándares libres na web e en contra da inclusión de compoñentes privativos no software libre. Non obstante, foi unha decisión sopesada e debidamente razoada.

Outra das novidades relevantes, e despois de 7 anos de longo traballo e dende Firefox 48, estase a completar a migración á arquitectura multiprocesador no navegador. En Firefox 49 espérase xa que a porcentaxe de usuarios có soporte multiprocesador activo sexa total. Segundo a xente de Mozilla as capacidades de multiprocesador mellorarían a capacidade de resposta do navegador nun 400% ao tempo que reduce o risco de conxelamento.

Pin It on Pinterest

Share This