Acaba de publicarse MonoDevelop 0.12, o principal IDE de [[GNOME]] para o desenvolvemento de aplicacións para C# e outras linguaxes .NET.

Esta versión inclúe moitas melloras, novas características e parches. 

A continuación preséntase un resumo das  mesmas: 

  • Mellor autocompletamento do código e melloras no editor de texto
  • Novo menú “Abrir con…”, que permite abrir un ficheiro do proxecto cunha aplicación externa a MonoDevelop
  • Novo plugin autotools: permite crear scripts autotools para automatizar a creación dos comandos ‘make install’, ‘make uninstall’, ‘make clean’, ‘make dist’, e ‘make distcheck’ no teu proxecto.
  • Melloras ao xestor de plugins, que permitirá activar e desactivar un plugin dado
  • Soporte para múltiples encodings de texto (aparte de UTF8, por defecto)
  • Soporte parcial de ASP.NET (gracias ao proxecto esponsorizado por Google Summer Of Code)
  • Novas características no deseñador de interfaces GTK
    • Novos editores de menús e barras de ferramentas
    • Melloras no xestor de iconas
    • Nova barra de ferramentas para os widgets 
    • Decenas de erros corrixidos e novas traducións

Para ver a lista completa de melloras ou descargar MonoDevelop, visita a Wiki do proxecto

Pin It on Pinterest

Share This