Epic (empresa de desenvolvemento de vídeo xogos estadounidense) que xa apoiara a outros proxectos de software libre como Blender e Lutris anteriormente, agora apoia a Krita cun MegaGrant de 25.000 dólares.

O propósito desta subvención é financiar melloras no proceso de desenvolvemento, para que o desenvolvemento de Krita sexa máis sustentable.

Krita é un editor que admite o procesamento de imaxes en varias capas, proporciona ferramentas para traballar con varios modelos de cor e ten un gran conxunto de ferramentas para a pintura dixital, o debuxo e a formación de texturas.

A iniciativa Epic MegaGrants, planea gastar $100 millóns en subvencións para desenvolvedores de xogos, creadores de contido e desenvolvedores de kits de ferramentas relacionados con Unreal Engine ou proxectos de código aberto útiles para a comunidade 3D.

Máis información na web oficial de Krita

Pin It on Pinterest

Share This