KiCon 2020 celébrase o 3 de outubro

Mércores, 23 Setembro 2020
  • A KiCon vaise celebrar o sábado 3 de outubro.
  • A conferencia arredor de KiCad de 2020 xúntase á lista de eventos que por mor do COVID-19 muda a ser unha conferencia en liña.

O ano pasado comezouse a celebrar a conferencia KiCon arredor do proxecto KiCad, logo de ser considerada como un éxito por parte dos organizadores, quixeron repetir a experiencia no presente ano. A conferencia no 2019 tivera lugar en América mentres que este ano ía ter lugar no CERN (o maior contribuidor ao proxecto), pero a crise sanitaria do COVID-19 fixo cambiar os planos e pasar a ser unha conferencia a través de internet. A organización planea ter unha KiCon presencial no CERN para o ano 2021.

O evento terá lugar o sábado 3 de outubro e estará enfocado en sesións enfocadas a desenvolvedores e usuarios, cunha mención especial ás novidades que traerá a nova versión que está a piques de saír.

KiCad

KiCad é unha aplicación de software libre multiplataforma, traducido a varios idiomas que está licenciada baixo GNU GPLv3.
É unha ferramenta software que facilita o deseño de esquemas para circuítos electrónicos e a súa conversión a deseños de circuítos impresos.

KiCad utiliza unha contorna integrada para todas as etapas do proceso de deseño: captura esquemática, deseño de PCB, xeración/visualización de arquivos Gerber e edición de librerías de compoñentes.

Atópanse dispoñibles moitas bibliotecas de compoñentes e os usuarios poden agregar compoñentes personalizados. Os arquivos de configuración están en texto plano, ben documentado, o que axuda a interconectar os sistemas de control de versións, así como aos scripts de xeración de compoñentes automatizados.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal