KeePassXC 2.7.3, nova versión do xestor de contrasinais libre que chega con diferentes novidades. Introduce unha función para gardar as procuras e conta tamén con mellor soporte de etiquetas.

Outras melloras: panel de vista previa de entrada mellorado, comando «db-edit» para o terminal, corrixe numerosos erros e bloqueos e melloras na calidade do programa.

Proporciona un mellor manexo da detección do modo escuro/claro en macOS e GNU/Linux.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This