Mércores, 6 Xullo 2022

Kdenlive 22.04

Enlace externo

Kdenlive, editor de vídeo libre e multiplataforma, chega á versión 22.04.02 con novas características e funcións.

Novidades:
– Correccións de erros nos paquetes de AppImage e Mac, widget de renderizado, transicións da mesma pista, subtítulos e problemas de carga de proxectos.
– O clip timeremap sempre utiliza proxies no renderizado.
– Corrección da captura incorrecta de lambda que provoca un fallo.
– Agora os efectos internos como os subtítulos permanezan na parte superior para que non se vexan afectados polos efectos de cor ou transformación.

captura


– Detectar e corrixir a corrupción se os clips de son ou vídeo na mesma pista utilizan un produtor diferente.
– Corrección da falta de son co preaxuste “WebM-VP9/Opus (libre)”
– Máis pasos preestablecidos de velocidade para x254 e x256.
– Barra de desprazamento para mellorar a experiencia en pantallas pequenas, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal