Presentouse o KDE Slimbook III, ultrabook que ven con sistema operativo GNU/Linux, apoiado pola Comunidade KDE e coa garantía da empresa Slimbook.

Como novidade respecto aos modelos anteriores, destaca o procesador AMD Ryzen 4800 H. Coa adquisición dun destes equipos, unha pequena doazón económica vai destinada á Comunidade KDE.

Outras características:
dispoñible en dous tamaños de portátil 14″ ou 15,6″, memoria RAM DDR4 8 GB ou 16 GB, disco duro SSD M.2 de 120 GB, 250 GB, 500 GB ou 1 TB, interruptores de privacidade a través de firmware en BIOS (webcam, wifi, bluetooth e micrófono), tarxeta gráfica AMD Radeon Vega 7, saída de vídeo HDMI, sistema operativo KDE Neon 20.04, material exterior aluminio gris, baterías de 47 e 92 Wh, peso de 1.1 e 1.5 kg segundo tamaño de pantalla.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This