Nace KDE para pekes, nova web do software educativo de KDE. O equipo KDE Promo da Comunidade KDE creou un portal onde centraliza as aplicacións orientadas aos máis pequenos da casa. Unha boa porta de entrada para todos os que non coñecen estas aplicacións.

KDE para pekes

KDE para pekes busca ser un reclamo visual e atractivo para que as persoas interesadas nas aplicacións KDE teñan unha clara visión do que se van a atopar se empezan a utilizar o software da Comunidade, e desta forma presentar ben ao Software Libre.

As aplicacións que de momento aparecen en KDE para pekes son: GCompris, Kletters, Ktumberling, KolourPaint e a serie de KDE Games.

A páxina está dispoñible en multitude de idioma, cada unha co seu logo personalizado.

Máis información en KDE Blog

Pin It on Pinterest

Share This