Martes, 11 Maio 2021

KDE Gear 21.04

Enlace externo

KDE Gear 21.04, antes coñecido como KDE Applications e que inclúe algunhas das máis coñecidas aplicacións para GNU/Linux, trae moitas novidades.

KDE Gear 21.04

portada

O xestor de arquivos Dolphin, engade diferentes funcións: descomprimir múltiples arquivos á vez, abrir lugares do panel nunha nova pestana pulsando a tecla Ctrl e clic dereito, detección da raíz da copia de traballo dos repositorio (en Git, Mercurial e Subversion), e pódenser editar as opcións do menú contextual.

captura

O cliente de terminal Konsole, trae nova barra de ferramentas e inclúe botóns para cambiar de perfil, dividir a vista horizontal ou verticalmente, copiar ou pegar a selección.

captura

Outras novidades de KDE Gear: o xestor de correo electrónico KMail engade soporte de Autocrypt, o editor de vídeo Kdenlive soporta codificación de vídeo AV/AV1, o reprodutor de música Elisa vístese de Kirigami, o visor e xestor de imaxes Gwenview permite fixar a compresión ao gardar imaxes en diferentes formatos, o editor de texto Kate agora ten funcións para poder xestionar proxectos e realizar operacións con repositorios Git.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal