KDE Gear reunirá a partir de agora as aplicacións do proxecto KDE.

Jonathan Riddell, desenvolvedor de KDE, explícao no seu blogue:
«KDE Gear é o novo nome para o paquete de aplicacións (e de bibliotecas e complementos). Unha vez chamouse simplemente KDE, despois KDE SC, despois KDE Applications […] e agora estámolo agrupando novamente como KDE Gear».

O proxecto KDE lanza o seu software en tres paquetes principais: KDE Frameworks, bibliotecas de todo o conxunto; KDE Plasma, inclúe o escritorio e algunhas ferramentas básicas; e KDE Applications, que recolle a maioría das aplicacións desenvolvidas baixo as tecnoloxías de KDE.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This