GitLab (plataforma de desenvolvemento de software) anunciou que KDE (comunidade tecnolóxica que crea software libre e de código aberto) adoptará GitLab para ser usado polos seus desenvolvedores co fin de mellorar a accesibilidade da infraestrutura e mellorar as contribucións ao proxecto.

David Planella, director de relacións de GitLab, comentou:
“Estamos emocionados de que a comunidade KDE elixise adoptar GitLab para ofrecer aos seus  desenvolvedores ferramentas adicionais e características típicas das aplicacións de gama alta. KDE ten unha énfase moi forte en atopar solucións novas a problemas novos e vellos nunha atmosfera aberta á experimentación.”

Lydia Pintscher, Presidenta de KDE, dixo: “Para unha comunidade aberta como KDE, ter unha infraestrutura amigable e fácil de usar é crucial. Pasamos os últimos dous anos reducindo considerablemente as barreiras de entrada en todo KDE. Mudarse a GitLab é un paso importante nese proceso”.

KDE poderá integrar a aplicación de GitLab para DevOps ao seu fluxo de traballo, desde a planificación, o desenvolvemento, a implementación, o control e a publicación.

Os contribuidores terán acceso a Concurrent DevOps, para administrar as fases de desenvolvemento. GitLab tamén prové visibilidade para acelerar os ciclos de desenvolvemento de software.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This