Jordi Màs presenta o seu libro en Santiago

O coordinador xeral de Sofcatalá e experto en Software Libre Jordi Màs presentou onte en Santiago o seu libro Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto. No acto explicou o contido do libro que ten un afán divulgativo e que pretende facer un percorrido xeral sobre os aspectos máis importantes do Software Libre: a súa historia, vantaxes e ameazas, marco xurídico, produción, principais proxectos libres, oportunidades de negocio e a súa importancia para a administración e os gobernos.

O autor estivo acompañado na presentación polo editor e responsable de Biblos Tucho Calvo, o director do CESGA, Javier García Tobío, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela. Trala presentación houbo un breve debate co público no que se falou da actual situación do Software Libre na administración galega e das súas posibilidades e aplicacións sociais a medio e curto prazo.

 {mosimage}

Previamente a este acto Jordi Màs ofreceu unha breve charla nas Xornadas de Software Libre organizadas polas asociacións AULUSC e GLUG, celebradas durante o mércores e o xoves.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal