Un JoomlaDay (blog de Pablo Arias) é un evento enfocado ó popular CMS Joomla! no que ten cabida todo o que está relacionado con o mundo web en xeral. Durante todo o día do evento, a comunidade Joomla! de Vigo pero tamén os que se queiran pasar pola organización terán a oportunidade de reunirse para aprender, ensinar e en definitiva, para coñecer a xente afín aos seus intereses, falar e comentar experiencias sobre este xestor de contidos web.

A organización do evento conta con colaboradores de primeira liña de toda España e contará con asistentes tamén de outros lugares, incluso das Illas Canarias.

Trátase, en esta ocasión dun evento de balde feito por e para a comunidade. Só se prega facer a inscrición correspondente e xa estás listo para pasarte polo lugar onde se celebrará o evento, Hotel Ciudad de Vigo, este sábado.

Pin It on Pinterest

Share This