Oracle busca mover Java EE a un novo modelo de desenvolvemento máis aberto, hoxe os desenvolvedores notaron que Java EE está totalmente dispoñible a través de GitHub.

O movemento corresponde coa idea que ten Oracle de desprenderse do desenvolvendo do compilador de Java e tamén parece ser parte do seu impulso ao pechar Java.net . Mentres OpenJDK estivo dispoñible durante a última década como proxecto de código aberto, Oracle dende a compra de Sun Microsystems estivo forzado a mantelo como o proxecto Java EE pechado. Pero agora parece que todo Java EE está subido en GitHub aínda que non existe ningún anuncio oficial de Oracle ao respecto.

No blog Oracle Blog xa anticipaban o movemento o pasado 18 de Agosto: “Cremos que mover as tecnoloxías Java EE, incluíndo as implementacións de referencia e o kit de proba de compatibilidades, cara a un modelo de código aberto pode ser o noso seguinte paso
Aquí podede atopar a referencia Java EE en GitHub.

Pin It on Pinterest

Share This