IX edición da Conferencia Internacional WhyFLOSS o vindeiro 18 de marzo en Madrid

Luns, 25 Xaneiro 2010

A IX edición da WhyFLOSS Conference terá lugar o vindeiro día 18 de marzo na EOI – Escola Oficial de Negocios en Madrid. Esta conferencia é organizada un ano máis por Neurowork, contando co patrocinio de CENATIC e a colaboración da EOI como anfitrión. O seu obxectivo é divulgar as tecnoloxías libres TIC á comunidade en xeral, ben sexan empresas, organismos públicos ou profesionais.

A asistencia a esta conferencia é gratuíta previo rexistro.

A xornada dará comezo ás 9:00 coa inauguración da conferencia da man de Alejandro Sánchez Acosta, Director de Desenvolvemento de Negocio en Neurowork, quen dará paso ao relatorio Estratexia do Centro Nacional de Tecnoloxías Abertas CENATIC, onde Miguel Jaque, Director Xerente de CENATIC, presentará brevemente as liñas de actuación de CENATIC en materia de financiamento, axudas, concursos e proxectos para o ano 2010.

A continuación comezarán o resto de relatorios que se repartirán entre 4 eixos de contidos en función do público ao que van principalmente dirixidos, nomeadamente, eixo de innovación tecnolóxica, eixo empresa, eixo de administración pública e eixo negocio.

A axenda completa é a seguinte:

Eixo Innovación Tecnolóxica

  • 9:30: Infraestrutura de Software Libre en Caja de Guadalajara – Andrés Seco Hernández, Responsable de Comunicacións e Sistemas de Caja de Guadalajara.
  • 10:00: Software Libre para un Sahara Libre. Andrea Lapique, Vicepresidenta de Iniciativa Focus.

  • 10:30: Melloras de procesos con Open Source (ITIL). Victor Fernandez Gomez, Responsable da área de Almacenamento de Grupo SIA / OpenSolaris
  • 11:00: Desafíos e Negocios ao redor do Open Government. Alberto Abella García, Socio en Rooter / Calendario Hispano Eventos Abertos

Eixo Empresa

  • 12:00: Financiamento de Produtos Open Source. Caso práctico: Open Licita. Guillermo Pastor García, CTO en Ándago Ingeniería
  • 12:30: Modelo de desenvolvemento de negocio dun produto baseado en Software Libre. José Ramón Palanco, Director de Drainware
  • 13:00: Minimiza TCO con Solucións e Servizos de valor con Software Libre. Alejandro Sánchez Acosta, Director de Desenvolvemento de Negocio en Neurowork.
  • 13:30: Integración e caso de éxito Alfresco e SAP. Toni de la Fuente, Director de Sistemas en Intecna Soluciones

Eixo Administración Pública

  • 16:00: A Mancomunidade da Axarquía segue no camiño da e-administración. Ramón Ramón Sánchez, Responsable de administración pública en Emergya.
  • 16:20: Compatibilidade de Licenzas de Software Libre. José María Lancho, Presidente de HispaLinux
  • 16:30: Migración a Software Libre do Escritorio do concello de Zaragoza. Eduardo Romero Moreno, Responsable Técnico do concello de Zaragoza
  • 17:00: As administracións locais ante os actuais retos tecnolóxicos. A visión da Deputación de Málaga. Fernando Marina, Xefe do Servizo de Informática na Deputación de Málaga

Eixo Negocio

  • 17:30: Continuidade de Negocio usando Software Libre. José Manuel Ballester Fernández, Cátedra de Buen Gobierno Universidad Deusto
  • 18:00: Difusión de Software Libre mediante redes sociais. Santiago Bonet Boldú, AIMME – Instituto Tecnolóxico Metalmecánico.
  • 18:30: Modelos de negocio en torno ao Software Libre. Casos prácticos en España. Agustín Benito Bethencourt, Xerente de ASOLIF
  • 19:00: Infraestrutura aberta da Administración Autonómica de Castilla La Mancha. Ismael Moreno, Responsable de Sistemas no Servizo de Saúde de Castilla La Mancha.

Máis información : WhyFLOSS Conference

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal