O vindeiro sábado 2 de decembro, da man da asociación makers.lugo, poderemos asistir a unha xornada de Introdución, DEMO e primeiros contactos coa robótica de deseño aberto.

Nas súas propias verbas:

A xente pregúntanos por cursos, e talleres.  Lugo é pequeno. En MakersLugo todavía somos poucos, e non podemos comprometernos a ensinanzas regladas ou periódicas. Pero sí nos interesa contactar con xente interesada. A retroalimentación, desvirtualización, apoio, e influxo das persoas son importantes.
Este mundo vive e medra na nube de internet. Se che atrae, interesa, e queres tratar co mundo maker, existen unha chea de webs, blogs, e clases ou tutoriais. Pero xurde a pregunta “¿por ónde empezo?”, ” ¿qué me gusta máis?”.

Da man destas inquedanzas e gracias, desta volta, ao pulo de David poderemos desfrutar dunha xornada introdutoria a robótica dende a óptica do deseño e o código libres. Creacións propias como o robot sigueliñas ou outros xa non tan básicos como Otto, deseñado para controlar dende dispositivos móbiles, servirán para que os asistentes poidan obter resposta aos prantexamentos que calquera neófito no mundo maker deberá enfrontar máis cedo que tarde:

¿Como e por onde comezo?, ¿como deseño?, ¿como comparto as miñas creacións?, ¿electrónica?, ¿programación?, ¿qué compro?, ¿que estudo?, ¿arduino?, etc.

O evento terá lugar o próximo sábado 2 de decembro, en horario de mañá, a partires das 10:30. O lugar escollido é o habitual no grupo, o CEI-Nodus, no local D10. Non é necesario levar ningún material propio nin facer achega económica, o evento é libre, sen embargo dende a asociación poñen a disposición un formulario onde dármonos de alta, para poder ter unha idea da cantidade de asistentes e interesados.

Makers.lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en Xaneiro de 2014, co ánimo contribuir na construcción dunha sociedade baseada nos principios do libre acceso á tecnoloxía, impulsando actividades relativas a Hardware e Software Libre .

Dende a asociación, e na medida das súas posibilidades contribúen con pequenos actos, talleres e charlas a que a xente entre pouco a pouco no mundo Maker xa que, na súa visión, en non moito tempo vaise converter en algo propio da sociedade e dos currículos escolares.

Pin It on Pinterest

Share This