Introdución ao deseño gráfico na aula CeMIT de Ponteareas

Venres, 5 Febreiro 2021
Introdución ao deseño gráfico na aula CeMIT de Ponteareas

A aula CeMIT de Ponteareas organiza este curso en modalidade a distancia “Introdución ao deseño gráfico con software libre” (Inkscape, GIMP…) cun total de 12 horas/mes.

As clases terán lugar os xoves e venres de 17:00 a 19:00, do 11 ao 26 de febreiro.

Inkscape

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade. O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Ten funcionalidades moi fáciles de comprender, unha interface sinxela, soporte para varios idiomas, está deseñado para ser extensible, ademais, os usuarios poden personalizar as funcionalidades de Inkscape coas súas múltiples extensións. Inkscape é unha das ferramentas libres de edición de imaxes máis empregadas.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.

Inscrición

Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962.

Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal