Inscricións abertas do Concurso Universitario de Software Libre 2021

Luns, 25 Xaneiro 2021
Inscricións abertas do Concurso Universitario de Software Libre 2021

Aberta a fase de inscrición, ata o día 21 de marzo de 2021, ao XV Concurso Universitario de Software Libre. Como indican as bases do concurso, a inscrición está aberta a alumnos universitarios, de bacharelato, graos medio e superior, e terceiro ciclo ou máster.

Concurso Universitario de Software Libre

Este é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre no que poden participar tanto estudantes universitarios (de grao, máster e doutoramento), como estudantes de ciclos de grao medio e superior, así como estudantes de bacharelato; todos eles incluídos no sistema educativo estatal español.

O obxectivo principal do Concurso Universitario de Software Libre é fomentar a creación e contribuír á consolidación da comunidade do Software Libre na Universidade.

Os participantes dispoñerán dun blogue onde contarán a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso académico, ademais de empregar un repositorio, como GitHub, GitLab ou LaunchPad para aloxar o código fonte.

Inscrición

A inscrición levarase a cabo mediante o seguinte formulario.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#PlanDeAccion #IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal